A ONU advirte dunha “catástrofe humanitaria” en Afganistán


O conflito en Afganistán esténdese á rexión. A ONU pediu aos países veciños que manteñan as fronteiras abertos debido ao número de persoas que foxen polo asedio dos talibáns. Centos de desprazados internos chegaron a Cabul, a capital, ao ser un dos poucos sitios seguros que queda en todo o territorio. Moitos durmiron nos arredores da cidade e outros en almacéns. En total 72.000 nenos chegaron a Cabul nos últimos días, segundo Save The Children. A ONU asegurou que en só un mes morreron máis de 1000 civís. Na fronteira rexistráronse incidentes entre a poboación que foxe e as forzas de seguridade de Paquistán, un país que mantivo durante algún tempo unha boa relación cos talibáns.