O secretario xeral da ONU, António Guterres, urxe a Moscova a «acabar con esta guerra absurda» e advirte que non poderá ocupar todo o país. En Ucraína, os bombardeos rusos sobre a cidade de Járkov destruíron máis de mil edificios, a maioría en zonas residenciais. Uns 500 civís morreron en tres semanas, segundo fontes oficiais ucraínas.
«Continuar a guerra en Ucraína é moralmente inaceptable, politicamente indefendible e un absurdo a nivel militar. O que xa dixen desde este podio hai case un mes debería ser aínda máis evidente neste día. É hora de deter os combates, de dar unha oportunidade á paz; e de poñer fin a esta guerra absurda, declarou Guterres na sede das Nacións Unidas en Nova York, onde pediu negociacións inmediatas para poñer fin á guerra.