O Consello de Dereitos Humanos da ONU aprobou por abafadora maioría investigar as presuntas violacións graves cometidas polas tropas rusas en Ucraína. Por 33 votos a favor, 2 en contra -de China e Eritrea- e 12 abstencións, apoiou a demanda presentada por Ucraína o pasado 4 de marzo. Nunha declaración, o embaixador ruso denunciou «a demonización de Rusia por parte do colectivo occidental».
O representante ruso negouse a asistir á sesión na que se puxeron sobre a mesa as probas contra as súas tropas. Execucións extraxudiciais, torturas, violacións, bombardeos contra civís, ataques a escolas… a lista de acusacións é longa e con moitos nenos entre as vítimas.
Segundo Omar Abdi, Director Executivo Adxunto de Programas de UNICEF, «só neste último mes, a ONU verificou que case 100 nenos foron asasinados e cremos que as cifras reais son considerablemente maiores. O representante de UNICEF denunciou que as escolas seguen sendo atacadas nesta guerra.