A ONU aproba unha comisión independente para investigar posibles crimes de guerra en Ucraína

1 minutes read

O Consello de Dereitos Humanos da ONU aprobou unha resolución pola que se vai crear unha comisión independente de tres expertos para investigar as violacións dos dereitos humanos perpetrados por Rusia na súa agresión contra Ucraína, que segundo Kiev constitúen crimes de guerra e crimes contra a humanidade.

A resolución do Consello, formado por 47 países, foi aprobada con 32 votos a favor, 13 abstencións, incluídas as da China, Cuba e Venezuela, e só dous votos en contra, o da propia Rusia e o de Eritrea. 

No debate previo á votación no Consello, este xoves, a Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, acusou a Rusia de atacar obxectivos civís, entre eles escolas, hospitais e zonas residenciais, e de provocar un éxodo de máis de dous millóns persoas entre desprazados internos e refuxiados.