A ONU condena as execucións masivas en Arabia Saudita

A Alta Comisionada da ONU para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, condenou este mércores as «espantosas» execucións masivas perpetradas en Arabia Saudita, e afirmou que polo menos tres dos 37 axusticiados eran menores cando foron condenados. As execucións por actos de «terrorismo» tiveron lugar o martes en seis rexións do reino sunita. Segundo Amnistía Internacional, a maioría dos condenados eran da minoría chiita. «Condeno firmemente estas execucións masivas espantosas […], a pesar das preocupacións expresadas por mor das mesmas por numerosos relatores especiais da ONU, polo Comité da ONU para os Dereitos do Neno e outros», lamentou a Alta Comisionada, Michelle Bachelet. Nun comunicado, considerou que era » odioso» que polo menos tres dos executados fosen menores no momento do seu proceso. «Insto urxentemente o goberno saudita a revisar inmediatamente a súa lei antiterrorista […] para prohibir a pena capital para menores», afirmou. Con estas execucións, xa son máis de 100 as persoas ajusticiadas en Arabia Saudita no que vai de ano, segundo un reconto establecido a partir de comunicados oficiais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha