Represións contra unhas manifestacións que non cesaron desde que morreu Mahsa Amini o pasado 16 de setembro, cando foi arrestada por levar mal o veo e sufriu un ataque ao corazón na comisaría. As mobilizacións comezaron pola morte da moza kurda de 22 anos, pero evolucionaron. Agora os manifestantes piden o fin da República Islámica fundada polo aiatolá Ruholá Jomeiní en 1979.
A misión da ONU terá A labor de «recoller e analizar evidencias» de violacións dos dereitos humanos no marco dunha violencia que causou xa máis de 300 mortos e preto de 15.000 detidos. Ata o de agora seis dos acusados foron condenados á morte. O réxime de Teherán condenou e rexeitou a resolución «imposta por algúns países occidentais ao Consello de Dereitos Humanos da ONU» e defendeu a súa actuación ante as mobilizacións que piden o fin da República Islámica.