A ONU nun comunicado conxunto de máis da metade dos quince membros do Consello de Seguridade denuncian que eses crimes son resultado das políticas establecidas polo goberno de Pyongyang. A declaración foi asinada por Alemaña, Bélxica, República Dominicana, Estonia, Francia, Reino Unido, EE.UU. e Xapón. O texto é o resultado da comisión de investigación para Corea do Norte. Estes oito estados denuncian tamén que unhas cen mil persoas, entre elas nenos, permanecen encarceradas en campamentos de presos políticos e que son sometidos a torturas, traballos forzados, execucións sumarísimas, falta de alimentos, violencia sexual e outros tratos vexatorios. O documento tamén sinala que os maiores de doce anos están obrigados a asistir ás execucións públicas dos disidentes.
24