A ONU investigará se houbo violación dos dereitos humanos en Chile

PIXABAY

  • Segundo datos do Ministerio do Interior, nas marchas congréganse máis de 400.000 persoas

Chile respira un pouco máis estes días, pero non mellor. Desde o estalido social que tivo lugar o pasado venres 8 de outubro, faleceron 18 persoas, 600 están feridas e 2.800 foron detidas.

O ambiente pacífico e festivo está á orde do día, aínda que segundo cifras do Ministerio do Interior, a participación en marchas e concentracións é masiva, congregando a máis de 400.000 cidadáns.

O Instituto Nacional de Dereitos Humanos (INDH) de Chile presentou ata a data 67 accións xudiciais, entre elas 5 querelas por homicidio e 12 por violencia sexual presuntamente cometidos por militares ou forzas da orde desde que o pasado venres comezará o estalido social en Chile.

Ante a sucesión de denuncias e de vídeos que se comparten por redes sociais mostrando presuntas premas ilexítimas, o Goberno non quixo deixar dúbida do seu compromiso co respecto aos dereitos humanos e convidou á alta comisionada de dereitos humanos da ONU, a ex presidenta de Chile Michelle Bachelet, a enviar unha misión de observadores.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha