A responsable en España da Axencia de Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina (UNRWA), Raquel Martí, pediu a apertura inmediata de corredores humanitarios para evacuar á poboación civil de Gaza.
Nunha entrevista na Hora de la 1, Martí denunciou que Israel está a bombardear toda a franxa, «a torto e a dereito», sen ter en conta a situación dos civís. «Se non morren polas bombas, morrerán como consecuencia do asedio» , recalcou .
Raquel Martí confirmou que as bombas do Exército israelí mataron a nove traballadores da UNRWA e a 30 estudantes, tras o ataque á sede central da organización e a dous colexios onde hai poboación refuxiada.
Segundo Martí, os gazatíes están atrapados no cerco, condenados a morrer dunha forma ou outra. «En breve, o apagamento será completo e non haberá auga para bombear aos hospitais», dixo.