Pasaron cen días desde o estalido do conflito e o presidente ucraíno VolodímirZelensky lanzou unha mensaxe de esperanza desde as aforas do palacio presidencial en Kiev. «O noso equipo é moito máis grande. As Forzas Armadas de Ucraína están aquí. E o máis importante, o pobo, a xente do noso Estado está aquí, defendendo a Ucraína desde hai xa 100 días. A vitoria será nosa. Gloria a Ucraína», dixo Zelensky. Cabe destacar que desde que Rusia se retirou do norte de Ucraína e se centrou no Donbás, as súas tropas avanzan lenta pero inexorablemente no leste do país. Tras semanas de bombardeos, Rusia controla a maior parte de Severodonetsk, a capital ucraína de Lugansk. Tamén se fixo con case toda a provincia de Donetsk, pero hai quen pensa que non bastará. Segundo as autoridades ucraínas, Rusia xa controla unha quinta parte do seu territorio. Sen a axuda das armas avanzadas occidentais, di o seu presidente, será moi difícil recuperar o terreo perdido.