A oposición no Parlamento de Galicia criticou este luns que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se atopa ‘absolutamente ausente’ das súas funcións, e ‘instalado na propaganda e o fume, no canto de dar solucións aos problemas do país’.
O socialista Luís Álvarez declarou que Feijóo ‘ponse de perfil ante unha das peores situacións na historia da autonomía’. Ademais, reclamoulle que non ‘utilice a Xunta como instrumento alternativo’ para chegar ao Congreso ou ao Senado, onde ‘aínda non está’.
Pola súa banda, a líder do BNG, Ana Pontón, criticou que Feijóo se despida de Galicia con ‘propaganda e fume’ no canto de darlle solución aos problemas dos galegos. E reprochoulle, que aínda que pareza que non, en Galicia hai un goberno que ten competencias en materia de industria, agricultura ou comercio, ‘elementos fundamentais para poder afrontar esta situación’, concluíu.