A oposición critica o continuísmo e a perda de peso das mulleres no novo Goberno

1 minutes read

Tanto Ana Pontón como Gonzalo Caballero coinciden en reclamar que os cambios non se queden «nas caras». A líder do BNG salientou a falta de igualdade entre homes e mulleres no novo Executivo, “que se nomeen dous vicepresidentes e sexan homes, demostra até que punto falta compromiso coa igualdade e cunha participación paritaria das mulleres”.

Pola súa banda o socialista Gonzalo Caballero considera que “os relevos en Sanidade e Educación evidencian o recoñecemento do fracaso da Xunta nas súas competencias principais”. Caballero coincidiu con Pontón ao matizar “a falla de peso das mulleres,” ao crearse unha nova vicepresidencia que tamén recae nun home e que “só cinco dos doce integrantes” da Xunta, incluíndo o propio Feijóo, sexan mulleres.