A oposición de Cerceda pide en bloque a renuncia de García Liñares

  • O asunto marcou o pleno municipal extraordinario celebrado na mañá deste luns, convocado para aprobar a petición dun crédito.

A oposición úrxelle ao alcalde dimitir trala condena que o inhabilita para exercer o cargo durante oito anos.

O socialista José García Liñares presidiu o pleno, malia á segunda condena por prevaricación na contratación dunhas obras no xardín botánico e insistiu en que aínda non recibiu a sentenza e xa dirá cando presenta a súa renuncia.

Dende a oposición o Partido Popular reprochouche a García Liñares a petición dun crédito de tres millóns de euros e anunciaron un recurso contra unha decisión que ven como “unha hipoteca” para o Concello sen garantías xurídicas.

O voceiro do PP, Francisco Santos, afirmou que “da a sensación de que estiveron esperando a que o secretario se marchara de vacacións para facer un pleno destas características”.

Ademáis do PP, o BNG tamén pediu a dimisión do alcalde logo da nova condena por prevaricación.

Pola súa banda, García Liñares afirmou que a sentenza é anticonstitucional e que a recorrerá mentres sexa posible.

Pleno extraordinario en Cerceda 19-08-19.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha