A oposición de Ponteceso pretende «recuperar» o POS nunha reunión coa Deputación

2 minutes read
  • Todos os membros da oposición deron plantón ao rexedor nun pleno extraordinario convocado para este mércores

Para este mércores o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, convocara un pleno extraordinario para poder aprobar definitivamente, e tras tres intentos errados, o POS da Deputación da Coruña polo que o municipio pontecesán recibiría máis dun millón de euros para obras e servizos, contando co Plan complementario. Con todo, o rexedor quedou só. O plantón da oposición foi unha resposta tallante ao cuarto intento do rexedor para conseguir o Plan de Obras e Servizos.

Segundo o portavoz do PP, Daniel García Cotelo, o motivo de non acudir ao pleno foi o propio alcalde, pois «ya no está legitimado ni para fijar una reunión de la corporación». Para que a sesión tivese validez debían acudir un terzo dos concelleiros que, no caso de Ponteceso, son 5 de 13. Con todo, só acudiron Carballido e dous membros do seu partido (PSOE).

«Que no se haya aprobado el plan para Ponteceso es un problema del PSOE y ellos han de resolverlo», insistiu o portavoz popular, quen sinalou que tomaría a palabra aos responsables da Deputación provincial «al asegurar que todavía hay tiempo para recuperar el POS de este año». «Nos han hablado de conceder subvenciones importantes para Ponteceso a cambio de que aprobemos el POS, y eso no nos parece una forma de actuar ni seria ni decente; parece que le están poniendo precio a nuestro apoyo a su alcalde», asegura o portavoz popular. A esta reunión tamén acceden os concelleiros non adscritos, aínda que levan días dicindo que dita reunión xa se solicitara semanas atrás aínda que non obtiveron resposta algunha.

Ademais, os populares aseguran que non pasarán por alto o contido das últimas gravacións filtradas no municipio e que, supostamente, se gravaron no despacho do alcalde. «Ahí se escuchan cosas raras y que incluso podrían ser constitutivas de delito», asegurou García Cotelo, que xa puxo o asunto en coñecemento da Fiscalía e insiste na idea de que os responsables provinciais do PSOE son os que teñen que actuar.

Pola súa banda, o grupo dos non adscritos asegura que «non iremos a plenos inútiles onde o único que conseguimos é gastarlle os cartos aos nosos veciños». Raquel Fondo, portavoz destes concelleiros, tamén se mostrou tallante coas acusacións á oposición ao non acudir a unha reunión co presidente e vicepresidente da Deputación, Valentín González Formoso e Xosé Regueira, respectivamente. «Rogámoslle que non minta e non engane máis, a realidade e que o vicepresidente emplazounos a unha xuntanza a celebrar con posterioridade ao pleno», explica Fondo.