A oposición de Ponteceso tentará prescindir do alcalde cunha moción de censura

0 minutes read

Nunha reunión celebrada este sábado a oposición en pleno ao alcalde Socialista de Ponteceso, Lois García Carballido, decidiu presentarlle unha moción de censura o vindeiro luns. Haberá que ver a partir de aí o percorrido legal que pode ter e o resultado final da devandita moción. O alcalde de momento afirma que se dedica a traballar por Ponteceso e non quere oir falar dos seus exconcelleiros, «prefiro pasar páxina, é perder o tempo», matizou.