A oposición fai unha proposta conxunta de funcionamento do Parlamento galego

As catro forzas políticas da oposición -PSdeG, Galicia en Común-Anova-Mareas, BNG e o grupo mixto- presentaron este luns unha proposta conxunta de funcionamento do Parlamento de Galicia a través da deputación permanente. A proposta distingue dúas etapas: unha primeira ata o final da urxencia pola pandemia de coronavirus e a outra ata a celebración de eleccións autonómicas.

A oposición reclama que, durante o estado de alarma, a deputación permanente se reúna semanalmente e que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e polo menos un conselleiro comparezan. Ademais tamén piden que cada grupo parlamentario «poida presentar unha proposición non de lei».

Tras o final do estado de alarma ata a celebración de eleccións e unha vez determinada a duración deste período, «estableceríase o número de iniciativas totais, mantendo os criterios de proporcionalidade no repartimento de iniciativas que se viña utilizando para cada período de sesións».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha