A oposición non acepta o plan de mellora da rede viaria proposto polo goberno de Muxía

O goberno local de Muxía presentou na sesión plenaria deste venres un firme compromiso de mellorar as infraestruturas e as vías do municipio pero contou coa negativa da oposición.

A través da «boa situación económica municipal, que conta cun remanente de tesourería de máis de 3 millóns de euros», o executivo local propuxo este plan de mellora urxente da rede viaria do municipio.

Tras a negativa da oposición, o rexedor propuxo no mesmo pleno ao Partido Popular a posibilidade de organizar unha comisión na que se aprobaban as propostas do goberno local tamén se faría mesmo coas propostas populares pero, aínda así, a agrupación popular negouse a esta posibilidade.

Tras o pleno, o alcalde Iago Toba, destacou que “Muxía non merece unha oposición que ten unha actitude contraditora e que o único que busca é votar en contra a todo o que se propón desde este goberno local. Estas son intervencións necesarias que responden á imperiosa necesidade de execución dado o estado no que se atopan estas vías e camiños, aínda que parece non importarlle á oposición”.

As intervencións propostas incluían o arranxo de vías e estradas así como de camiños interiores de núcleos rurais do Concello que precisan de atención urxente.

Tamén estaba previsto un proxecto de mellora dunha fase dos camiños interiores na localidade de San Martiño, que non puido ser incluído no orzamento complementario e que precisa tamén de arranxo con celeridade.

“agora, os mesmos que piden reunións e acordos xa demostraron na última vez que se fixo algo idéntico que a súa palabra non e de fiar. Xa que tras chegar a un acordo puntual sobre o aumento da partida para realizar proxectos e, ao levalo posteriormente a pleno, tamén votaron en contra incumprindo o seu propio acordo”, concluíu o alcalde

Mocións

O BNG presentou unha moción sobre a protección do secadeiro de congro na rúa Pedriña que foi aprobado por unanimidade coa enmeda proposta do grupo de goberno de incluír o termo de patrimonio cultural inmaterial en dita moción.

Tamén, o grupo de goberno presentou a moción en relación á situación en Ucraína que foi aprobada por unanimidade.

O Partido Popular de Muxía presentou unha moción de urxencia para tratar nunha comisión as taxas das terrazas na hostalaría que foi aprobada por unanimidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha