A oposición critica que Feijóo non estivese presente no debate parlamentario sobre Alcoa, cando se trata dun dos problemas e necesidades máis importantes do país. A oposición pedira conxuntamente que Núñez Feijóo comparecese no Parlamento para dar conta das xestións sobre Alcoa despois de que a empresa anunciase o despedimento de máis de 500 traballadores da planta de San Cibrao e o peche da planta de aluminio. Mais Feijóo non apareceu, foi o conselleiro de Industria o que explicou a xestión do Goberno. Ana Pontón (BNG), dixo que o presidente practicaba o “escapismo político” e criticou que nestes días non se tivese reunido nin cos traballadores da factoría nin cos alcaldes da comarca da Mariña.
A oposición tilda a Feijóo de “Escapista” no debate sobre Alcoa
Parlamento de Galicia.