A líder do BNG, Ana Pontón, salientou que «Onde antes había 1’5 metros de separación agora pode haber un, onde antes non había pantallas agora dise que pode haber pantallas, e o que estamos vendo é a improvisación continua nun tema tan serio. O que non pode facer a Xunta e o Partido Popular é considerar que no medio dunha pandemia a voltas ás aulas teña que producirse coma se non existise a covid-19».
Pola súa banda o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, demandou «Máis profesores, mellores mecanismos, máis protocolos, un plan de dixitalización, un plan especial para os nenos con necesidades educativas específicas que teñen sufrido tanto ao longo destes meses», engadindo que «a educación é prioritaria para todos e para todas».