A Orquestra Finisterre anímanos desde casa

1 minutes read

Para os amantes das orquestras e a verbena galega, unha das agrupacións lexendarias como é a Orquestra Finisterre, aínda que totalmente renovada (a carballesa Laura Añón foi a voz encargada de «resucitala») e cun directo espectacular, sorprendeunos nestes días de confinamento, cun clásico musical gravado pola súa dianteira de voces, iso si, cada un desde a súa casa, para transmitirnos unha mensaxe de ánimo e resistencia. A canción elixida trátase dun tema do Dúo Dinámico que está a servir de alento para todos os españois. Referímonos nin máis nin menos que a «Resistiré». Nesta situación tan terrible que nos está facendo vivir o Coronavirus (COVID-19), esta canción serve como alento para todos aqueles que están confinados nas súas casas. Que o virus pase pronto e… vémonos nas festas!!!. Grazas #Finisterre!.