A Orquestra Panorama cancela a súa xira este verán

1 minutes read

Panorama anunciou a cancelación da súa xira «A xira de todos vós» con «unha tristeza que nos invade enormemente», segundo confirmaron. As razóns que levaron á empresa a tomar esta decisión pasan polas «limitacións e controis de aforo, distanciamento social e mesmo distanciamento entre os propios artistas no escenario». Medidas que impiden o correcto funcionamento dunhas actuacións marcadas pola presenza «dun público formado por milleiros de persoas e que participa moi activamente». Así mesmo, Panorama recalca que lles «resulta totalmente imposible poder realizar a xira con menos de 15 actuacións» e que as festas que poderían dar ao público non serían as habituais «pois o fervor e a entrega do noso público son vitais para o desenvolvemento do mesmo» afirman. Por tanto, tocará esperar ata 2021 para poder gozar da Orquestra Panorama por toda España debido á irrupción do coronavirus.