A orquestra Panorama trae a súa xira «Number One Tour» á Costa da Morte


  • O 21 de xuño estará a actuar en Brens – Cee, o 25 en Carballo e o 29 en Santa Comba.

Chega unha nova tempada e unha nova aventura para a Orquestra Panorama. Esta vez chegarán a localidades e cidades de toda España co NUMBER ONE TOUR, un nome que xa nos adianta as claves de como será a Xira. Neste momento, no que a música remember dos anos 80, 90 e 2000 está tan de moda, en Panorama lanzan unha gran aposta e van lembrar aos mellores artistas e temas que foron números un e que forman parte da nosa vida. «O noso primeiro obxectivo cada ano é satisfacer o máximo posible os gustos do público, abarcando todas as idades. Neste 2019, ademais de ter no repertorio os temas de maior actualidade, os momentos máis divertidos, as ‘performance’ máis espectaculares, como sinal de identidade de Panorama, imos enriquecer a nosa proposta con música remember e sempre cos ‘number one’ de artistas e de temas», explica o director da formación, Manuel Lito-Garrido.

Orquestra Panorama. Number One Tour. Parte 1.

O novo espectáculo da orquestra conta cunha montaxe sobre un escenario totalmente novo, no que destaca a innovación tecnolóxica e de deseño, para lograr uns efectos audiovisuais ao máis alto nivel. Xunto ao vestiario e unha posta en escena impactante, farán do ‘Number One Tour’ un espectáculo brillante e sorprendente, no que ao longo do verán iranse sumando novidades.

«Será un gran reto ilusionante, que nos enche de enerxía, saír ao escenario cada noite estando ante nós o público ‘number one’, que sodes todos vós e que cada ano facédesnos máis afortunados coa vosa implicación como parte do espectáculo e cos vosos aplausos. Vós sodes a razón de ser de Panorama e convosco imos compartir os mellores momentos desta Xira», engade Lito.

Neste novo Tour, Panorama seguirá tendo como eixo central a Galicia, aínda que continuando a consolidación e expansión dos novos camiños abertos no resto de España e Portugal, sumando novas cidades ao seu itinerario.

Orquestra Panorama. Number One Tour. Parte 2.