A Orquestra Trébol celebrou 71 anos de historia

Porque 71 anos non se cumpren todos os días, e a Trébol chegou de forma continua e ininterrompida a esa idade, toda a Orquestra quixo celebralo cos seus seguidores nunha macro festa con comida incluída este venres no Restaurante A Lagoa de Vimianzo. Comensais seguidores e bailadores sumaron preto de 400 persoas ás dúas da tarde, que logo dun exquisito menú tamén gozaron do ritmo da mellor música interpretada como sempre en rigoroso directo pola Trebol.

Un momento da actuación da Orquestra Trébol.