A OTAN, a UE e Ucraína establecen un sistema de adquisión de armas


Nunha imaxe simbólica de unidade compareceron ante a prensa na sede da organización aliada o seu secretario xeral, Jens Stoltenberg; o alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, e o ministro ucraíno de Exteriores, Dmitro Kuleba, para falar das necesidades máis perentorias de Ucraína ante o agravamento da ofensiva rusa que esperan na primavera. Durante a súa reunión, acordaron que a OTAN, Ucraína e a Unión Europea convoquen a un grupo de expertos en compra de armas para ver de que forma poden axudar a Kiev a “garantir que obtén as armas que necesita”, explicou Stoltenberg.

Para Stoltenberg, “é o presidente Putin quen empezou esta guerra de conquista imperial” e “é Putin quen segue escalando a guerra”. Borrell afirmou que, a pesar de que China asegura que non proporciona armas a países en guerra como parte da súa política exterior, “debemos permanecer vixiantes”. Kuleba, sinalou que, durante esta reunión, a OTAN, a UE e Ucraína comprometéronse a “responder” a tres cuestións principais: como adestrar aos soldados ucraínos, como producir e comprar armas e munición e como entregalas no campo de batalla de “forma máis efectiva”.