A OTAN aplaude todas as iniciativas de paz, pero a última palabra é de Ucraína. Estas foron as palabras do secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, mentres os líderes de China e Rusia se reunian en Moscova. Nunha rolda de prensa, Stoltenberg pediu á China que non apoie a guerra de Rusia contra Ucraína. «A proposta de paz de China inclúe algúns aspectos e elementos positivos que apoio. Por exemplo, a importancia da seguridade nuclear, da protección dos civís e, non menos importante, a importancia da soberanía, a integridade territorial e a independencia. E, por suposto, calquera solución de paz para Ucraína debe basearse nestes principios», defendeu Stoltenberg. A OTAN dixo que non hai probas de que China estea a fornecer armas letais a Rusia. Stoltenberg con todo advertiu á China contra un movemento asi, ademas de lamentar as relacións cada vez mais próximas entre as dúas potencias.
37