A OTAN crea un Consello para facilitar a adhesión de Ucraína

Os participantes no cume de Vilna non ofreceron a Ucraína aínda a invitación formal para unirse á Alianza. Con todo, crearon un novo foro, o Consello OTAN-Ucraína, que reducirá o número de fases de adhesión de dúas a unha.

«Trátase dun foro no que Ucraína e os aliados da OTAN reuniranse en pé de igualdade, celebrarán consultas en caso de crise e tomarán decisións conxuntamente», expresou o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg. 

«Ucraína está agora máis preto da OTAN que nunca. Os aliados reafirmaron que Ucraína converterase en membro da Alianza», agregou. 

A estas palabras, Zelenski engadiu que «o Consello non é un instrumento de participación; esta é a razón pola que é un instrumento de integración, e eso dános ese espírito do que será». Zelenski non ocultou a súa decepción por non obter resposta da alianza occidental de cando recibirá unha invitación para ingresar na OTAN.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha