A OTAN cre que o mísil que impactou en Polonia era da defensa ucraína


O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenber, sinalou en rolda de prensa este mércores que a explosión en Polonia, que causaba dous falecidos, foi “probablemente” por un mísil de defensa antiaérea ucaína e recalcou que “non hai indicios dun ataque deliberado” ou de que “Rusia estea preparando accións militares ofensivas contra a Alianza Atlántica.

En calquer caso, o xefe aliado asegurou tamén que a “última responsabilidade” é de Rusia, por ter iniciado a guerra conta Ucraína, e recalcou que Kiev “non é culpable”.

Por outro lado, Rusia admite que existe comunicación con EE.UU. e alaba a reacción “bastante comedida” de Washington tras a caida do mísil en Polonia. Pola contra, o portavoz de Putin acusa a Varsovia de ter “unha reacción rusófoba” ó soster que se trataba, nun principio, dun explosivo ruso.