O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenber, sinalou en rolda de prensa este mércores que a explosión en Polonia, que causaba dous falecidos, foi «probablemente» por un mísil de defensa antiaérea ucaína e recalcou que «non hai indicios dun ataque deliberado» ou de que «Rusia estea preparando accións militares ofensivas contra a Alianza Atlántica.
En calquer caso, o xefe aliado asegurou tamén que a «última responsabilidade» é de Rusia, por ter iniciado a guerra conta Ucraína, e recalcou que Kiev «non é culpable».
Por outro lado, Rusia admite que existe comunicación con EE.UU. e alaba a reacción «bastante comedida» de Washington tras a caida do mísil en Polonia. Pola contra, o portavoz de Putin acusa a Varsovia de ter «unha reacción rusófoba» ó soster que se trataba, nun principio, dun explosivo ruso.