A OTAN di que o bloqueo estadounidense da axuda a Ucraína xa ten consecuencias

O punto morto no que se atopa o Congreso dos Estados Unidos sobre a nova axuda a Ucraína «xa tivo consecuencias» no campo de batalla, advertiu Jens Stoltenberg.

«Está a afectar ao fluxo de apoio», declarou o secretario xeral da OTAN tras unha reunión de dous días dos ministros de Defensa en Bruxelas.

«Ata certo punto, esto pode compensarse cun maior apoio doutros aliados. E os aliados europeos e Canadá están a dar un paso adiante, están a facer máis. Se xuntamos o apoio militar, o económico e o humanitario, en realidade Canadá e os aliados europeos están a proporcionar máis apoio que Estados Unidos», proseguiu.

«Pero Estados Unidos é, con diferenza, o maior aliado; por suposto, é vital que sigan prestando apoio e, por tanto, sigo esperando que poidan tomar unha decisión canto antes».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha