Aumenta a presión sobre Rusia, a raíz do envelenamento do líder opositor Alexéi Navalny. Os embaixadores da OTAN mantiveron unha reunión extraoridinaria en Bruxelas para acordar unha resposta, sen esquecer que o axente nervioso que se utilizou considérase unha arma química. O secretario xeral da organización pediu unha investigación internacional. «Hai probas máis aló de calquera dúbida de que o señor Navalni foi envelenado mediante o uso dun axente nervioso de grao militar do grupo Novichok», dixo Jens Stoltenberg. «Os aliados da OTAN están de acordo en que hai preguntas moi serias ás que Rusia debe responder. O goberno ruso debe cooperar plenamente coa Organización para a Prohibición de Armas Químicas nunha investigación internacional imparcial». Tamén pediu información sobre o programa Novichok.
42