A OTAN asinou este martes un contrato de 1.100 millóns de euros, un orzamento para comprar centos de miles de proxectís de artillería de 155 mm. Parte do material será fornecido a Ucraína despois de que Kiev se queixase de escaseza de municións.
Ucraína disparaba de 4.000 a 7.000 proxectís de artillería ao día o verán pasado, mentres que Rusia lanzaba máis de 20.000 proxectís diarios a Ucraína, segundo estimacións da Unión Europea. Pero a munición non vai chegar de inmediato ao campo de batalla xa que a entrega de grandes pedidos na industria armamentística demora de dous a tres anos.
O secretario xeral da alianza militar, Jens Stoltenberg xustificou a compra de máis armamento «A guerra de Rusia en Ucraína converteuse en unha batalla polas municións, polo que é importante que os aliados repoñan as súas propias reservas mentres seguimos apoiando a Ucraína. Apoiaremos a Ucraína cos sistemas, as armas e municións que necesita para prevalecer como un país soberano e independente, porque non podemos permitir que o presidente Putin gañe en Ucraína, eso sería unha traxedia para os ucraínos e perigoso para todos nós», concluíu.