40
Uns 10.000 soldados de 25 países e 250 avións iniciaron este luns en Wunstorf, no centro de Alemaña, as manobras «Air Defender 2023». Trátase do maior despregamento de forzas aéreas da OTAN da historia. O obxectivo destes exercicios, planeados varios anos antes de a invasión de Ucraína e que cobran máis relevancia no contexto actual, é adestrar a cooperación entre os diferentes países e as súas forzas armadas. Nas manobras, as 25 nacións participantes farán fronte a un escenario crítico simulado; e deberán realizar operacións aéreas conxuntas e practicar diversas misións para establecer superioridade aérea e facer retroceder a un adversario ficticio.