As refregas que se produciron nas últimas horas no leste de Ucraína poderían ser, segundo o secretario xeral da Alianza Atlántica, Jens Stoltenberg, parte do plan de Moscova para xustificar unha acción armada inminente, xa que Rusia mantén máis de cen mil soldados despregados preto da fronteira. Pero máis aló das preocupacións, Stoltenberg deixa a porta aberta á diplomacia e convida a Rusia a dialogar coa OTAN para liquidar a crise. Rusia difundiu vídeos que supostamente mostran como se retiran algunhas unidades militares que estaban despregadas preto da fronteira. Imaxes que non reflicten a realidade, segundo o presidente estadounidense, Joe Biden. Nunha carta enviada a Estados Unidos, o ministro ruso de Exteriores, Serguéi Lavrov, afirma que Rusia adoptará medidas “técnico-militares” se Washington non accede a negociar as garantías de seguridade que esixe para poñer fin á crise.
30