34
A OTAN non está convencida de que Rusia estea en proceso de desescalada a pesar de que Moscova afirma o contrario e insistiu a Putin para que elixa o camiño da diplomacia e reverta inmediatamente a concentración de tropas e as retire da fronteira con Ucraína. Este mércores, os ministros de Defensa da OTAN reunidos en Bruxelas, decidiron propoñer opcións para fortalecer a defensa e a disuasión. E a longo prazo, abriron a posibilidade de establecer novos grupos de batalla en Europa central, oriental e sudoriental. O Secretario Xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, confirmou que esta é a maior concentración de tropas e equipamento militar ruso desde a Guerra Fría e o seu impacto manterase moito tempo.