A OTAN prepárase para unha longa guerra en Ucraína


As atrocidades da cidade de Bucha e a nova estratexia de Putin de desprazar as tropas cara ao leste para reagrupalas puxeron en alerta aos ministros de Exteriores da OTAN reunidos este martes e mércores en Bruxelas para debater novas medidas de apoio. O secretario xeral da Alianza Atlántica, Jens Stoltenberg, mostrouse preocupado ante o temor a unha gran ofensiva rusa.

«Temos que ser realistas e darnos conta de que isto pode durar moito tempo, moitos meses, mesmo anos. E esa é a razón pola que tamén temos que estar preparados para o longo prazo, tanto no que se refire ao apoio a Ucraína como ao mantemento das sancións e ao fortalecemento das nosas defensas», asegura Stoltenberg.

Ata Bruxelas desprazarase tamén o ministro de Exteriores de Ucraína que se espera que pida máis material antiaéreo. Algo que xa fora prometido pero que aínda non foi entregado. Espérase que os aliados decidan proporcionar máis armas antitanques, sistemas de defensa aérea e outros equipos, ademais de aumentar a asistencia humanitaria e a axuda financeira.