Os membros da Alianza atopáronse en Romanía este martes, preocupados polos repetidos ataques de Rusia a infraestruturas civís ucraínas. Occidene quere proporcionar a Kiev sistemas de defensa máis sofisticados.
Así o explicaba o secretario xeral da organización Jens Stoltenberg: «A mensaxe de todos os aliados é que temos que facer máis, tanto para axudar a Ucraína a reparar as infraestruturas críticas destruídas, incluíndo as redes eléctrica, de auga e gas, como para facer fronte aos propios ataques, proporcionando máis sistemas de defensa aérea. Isto é, en parte, proporcionar máis sistemas de armas de defensa aérea, pero tamén asegurar que os sistemas que xa se proporcionaron -e moitos deles eran realmente sistemas modernos de defensa aérea estándar da OTAN, incluíndo Nasams e outros- estean a funcionar.»
Tamén se espera que Estados Unidos anuncie un paquete de axudas para manter a rede enerxética de Ucraína, que está a ser duramente golpeada polos implacables ataques rusos.