Anunciouno, entre outros, a embaixadora dos Estados Unidos en Berlín. Un despregamento de unidade e poderío con Vladímir Putin como gran destinatario. A Alianza Atlántica, liderada por Estados Unidos, empezará o vindeiro luns as maiores manobras aéreas da súa historia. Chamáronas Air Defender 23: durante dez días, máis de 250 avións militares e uns dez mil soldados de 25 países participarán en exercicios de carácter defensivo. Unha mensaxe de unidade e, sobre todo, de poderío, que impresionaría a calquera que o vise» en palabras da embaixadora estadounidense en Berlín Amy Gutmann. Segundo ela, cun gran destinatario. Será unha formación operacional e táctica que terá lugar sobre todo en Alemaña, pero tamén na República Checa, Estonia e Letonia.
47