A OTAN reforza a súa presenza militar en Europa do Leste

El secretario general de la OTAN, Jens Stoltenberg

A través dun comunicado, a organización militar confirmou que esta é a súa resposta tras a ameaza de Rusia de invadir Ucraína. A OTAN non está soa. Varios países europeos tamén mostraron o seu compromiso coa defensa de Ucraína. Hai uns días España despregaba a fragata ‘Blas de Lezo’ e o cazaminas Meteoro, ambos con destino ao mar Negro. Ao continxente militar español sumaranse en febreiro outros catro cazas Eurofighter. Tamén Dinamarca enviará unha fragata ao mar Báltico e catro cazas F-16 para reforzar a misión de patrullaxe aéreo en Lituania. Segundo a Alianza Atlántica, Francia tamén estaría disposta a enviar tropas a Romanía, mentres que Países Baixos poñerá ao dispor da OTAN dous cazas F-35 no mes de abril que axudarán na vixilancia aérea da OTAN na rexión. Pola súa banda, Estados Unidos aprobou varios paquetes de axuda económica e militar destinada a Ucraína e advertiu a Vladimir Putin que se invade o país o resultado «vai ser un desastre para Rusia».