A OTAN seguirá apoiando a Ucraína e reforzarase na área de defensa


Estas foron algunhas das conclusións ás que chegaron os ministros de defensa da OTAN nun encontro celebrado en Bruxelas. Este reforzo tradúcese nun despregamento de máis formacións de combate da OTAN para reforzar o flanco oriental da Alianza, así como máis reservas de armas para mellorar a súa preparación. “A agresión de Rusia é un punto de inflexión. Por iso, a OTAN debe manter unha disuasión crible e unha defensa sólida. Os ministros abordaron a escala e o deseño da postura futura e como podemos intensificar en todos os ámbitos cun reforzo substancial da nosa presenza, capacidades e preparación”, defendeu o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg. A reunión dos ministros de Defensa produciuse antes do cume da OTAN que se celebrará en Madrid a finais de mes e na que se acordará un novo concepto estratéxico da OTAN no que se establecerá unha posición común fronte a Rusia, pero tamén fronte a retos emerxentes como China.