A Palma | A coada de lava desbórdase no cono principal do volcán


A coada de lava do volcán da Palma desbordouse do cono principal á primeira hora da tarde deste xoves, así o deu a coñecer o Instituto Volcanolóxico de Canarias (Involcan) nunha mensaxe publicada na rede social Twitter no que se mostra o momento exacto en que se desborda ás 14:15 hora canaria. Mentres tanto, o Comité Director do Pevolca continua coa intensa monitoraxe e vixilancia das dúas frontes de lava que están a atravesar o barrio da Laguna, en Los Llanos de Aridane, e que obrigou a evacuar a unhas 400 persoas entre este mércores e este xoves.

Rescatar con drons animais atrapados pola lava

Os drons poden converterse nunha ferramenta clave para o rescate de polo menos catro cans que se quedaron atrapados porla lava, segundo confirmou a plataforma animalista Leales.org. Unha empresa, Aerocámaras, asegura estar lista e só pendente de recibir unha autorización que de momento lle foi denegada.