A Palma | A lava avanza cara o mar e empeora a calidade do aire


O volcán Cumbre Vieja expulsa lava nunha cantidade, e cunha velocidade, poucas veces vista desde que comezou a erupción. Nalgúns puntos as coadas avanzan entre bananeiros e edificacións cunha altura de ata sete metros, e cunha velocidade de máis de mil trescentos metros á hora. Se esta coada segue avanzando deste xeito, podería chegar ao mar pronto, e formar outra cornixa.

Sete mil persoas seguen evacuadas, esperando impotentes a fin dun fenómeno natural que ninguén sabe cando finalizará. Por se a ameaza de lava fóra pouco, os habitantes da illa sentiron claramente dous dos máis de trinta sismos inscritos este sábado.

A nova boca que xurdiu o venres diminuíu a súa actividade e só lanza cinzas e gases pero isto, sumado ás condicións meteorolóxicas, fixo que empeore a calidade do aire. Está previsto que esta situación se manteña, polo menos, un día máis.