A Palma | O volcán desbórdase, destrúe máis de 1.800 edificacións e deixa un tsunami de lava


Desde o martes son tres as evacuacións decretadas polas autoridades, despois de que o mércores pola noite fosen desaloxadas 25 familias dun barrio de Los Llanos de Aridane, e outras 800 persoas fosen evacuadas na xornada anterior. En total, son máis de 7.000 as persoas evacuadas desde que entrou en erupción o volcán o pasado 19 de setembro.

O magma saíu a gran velocidade este venres segundo os expertos. A lava alcanzou os 250 metros por hora a pasada noite e avanza a entre 20 e 30 metros. O volcán, un dos máis novos do mundo está a nacer a diferentes velocidades.

De todas as coadas as que máis preocupan agora son as dúas que están situadas ao sur da montaña de La Laguna, pois poden confluír e chegar ao mar. Da vintena de sismos que se produciron, o máis sentido foi o de 4’5 na escala de Richter, o maior terremoto que se produciu ata o de agora.

O presidente de Canarias destacou que o volcán é o máis grave que sufriu Europa nos últimos 100 anos. O Goberno rexional de Ángel Víctor Torres destinará unha partida extraordinaria de 100 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para colaborar na recuperación da illa.