Trátase dun recoñecemento que a sitúa no terceiro posto nacional tras unha final celebrada en Bilbao. Un salto importante para un negocio familiar que segue elaborando o pan de xeito tradicional no mesmo municipio no que botou raíces hai décadas. A empresa atópase xa en mans da terceira xeración familiar, con Vitoria Porteiro á fronte.
O recoñecemento conseguido agora ten ademais un marcado compoñente galego. Roiser chegou á final nacional cun molete elaborado con trigo autóctono galego amparado por indicación xeográfica protexida e fariña moída a pedra no Muíño do Quinto, en Carballo.
Este terceiro posto para o único representante galego na final do certame 50 Panaderías TOP España 2026, celebrada en Bilbao no marco do Bilbao Global Bakery Forum, converte a Panadería Roiser nun dos grandes nomes da panadaría galega e nun referente para o sector na Costa da Morte.
