Os hospitais da área coruñesa atenden 173 pacientes con coronavirus. 28 están graves nas unidades de coidados intensivos. A presión hospitalaria aumenta e tamén aumenta, e a un ritmo preocupante, o número de contaxios. Nas últimas 24 horas as probas PCR detectaron 337 novos positivos. A cidade da Coruña suma máis de 1.100 pacientes coa infección en curso, 127 máis ca o sábado. A incidencia acumulada supera os catrocentos casos por cada cen mil habitantes.
Na área metropolitana coruñesa preocupa especialmente Arteixo, que se achega aos catrocentos casos activos. Aquí a incidencia acumulada está por riba dos 1.000 casos por cada cen mil habitantes. A incidencia aínda é mais elevada nalgúns municipios da costa da Morte, como Vimianzo (131) e Laxe (49), pero as cifras peores rexístraas Camariñas. Na vila do encaixe hai dous mil casos de coronavirus por cada cen mil habitantes (108). En Carballo preocupa especialmente a evolución na residencia DomusVi, onde xa hai unha decena de casos cunha suma total de 165.
No resto da Costa da Morte A Laracha sumaba este domingo 55 casos, Coristanco 39, Malpica 9, Cabana 16, Zas 14, Dumbria 32, Cee (61), Corcubión, Ponteceso e Fisterra 9.