A crise sanitaria e económica causada polo coronavirus provocou o maior buraco nas contas públicas españolas desde a Gran Recesión da pasada década: o déficit público en 2020 ascendeu ata o 10,09 % do PIB, co que multiplica case por catro o dato de 2019 (2,86 % do PIB) e alcanza o nivel máis alto desde 2009 (11,06 % do PIB). A ministra de Facenda, María Jesús Montero, presentou os datos de execución orzamentaria de 2020, un ano marcado pola pandemia, cuxos efectos dispararon os gastos e minguaron os ingresos, e á que se uniu o impacto da consolidación da Sareb dentro do sector público. Precisamente o impacto do banco malo eleva o cómputo do déficit, unha vez incluídas as axudas financeiras, ao 10,97 % do PIB. En concreto, situou os números vermellos en 2020 no 11,3 % do PIB, o que supoñía un punto máis do comunicado á Comisión Europea en maio.
36
