A pandemia eleva a cifra de parados en España a 4 millóns


No medio das limitacións pola pandemia o número de parados rexistrados excedeu os catro millóns en febreiro por primeira vez desde abril de fai cinco anos. Febreiro deixou sen traballo a case 44.500 persoas 44.436 persoas, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social. Unha cifra que está o 23,5% por encima da de febreiro de 2020, o último mes antes de que a pandemia se instalase en España. Trátase do maior número de parados rexistrado durante toda a pandemia, mesmo peor que nos meses de marzo e abril de 2020, cando a actividade estivo practicamente paralizada. O goberno español atribúe este repunte ao “forte impacto” da terceira onda da pandemia e ás “severas restricións” que se impuxeron para freala. Se as restricións da pandemia fan estragos na danada economía española as cifras alcanzan o seu peor rango no sector turístico que supón máis do 12 por cento do PIB.