A pandemia entra na Costa da Morte por Fisterra

1 minutes read

Un veciño da localidade de Fisterra deu positivo por coronavirus a última hora da tarde deste sábado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde quedou ingresado e illado. Esta persoa procede dunha excursión do Imserso que tivo lugar por varios municipios de Barcelona, na que participou xunto con outros centos de persoas, entre elas varias de concellos limítrofes da Costa da Morte como Cee ou Vimianzo. Segundo fontes próximas, atopouse mal uns días antes da volta, e ao seu regreso, estivo no hospital de Cee, onde lle diagnosticaron unha gastroenterite. Despois de ducias de chamadas ao teléfono 900 400 116 logrou ser atendido de novo no Hospital Virxe da Xunqueira, alí fixeronlle a proba e deu positivo. Trátase de localizar ás persoas coas que estivo en contacto durante a viaxe, mentras a súa familia permanece en illamento domiciliario.