O ex-conselleiro de Presidencia morreu este venres aos 84 anos de idade no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde permanecía ingresado tras ser diagnosticado de coronavirus esta semana.
Rodríguez naceu en Ribas de Sil en 1935. Licenciado en Dereito e profesor mercantil, foi deputado no Parlamento galego durante seis anos e optou en varias ocasións á alcaldía de Santiago, onde foi voceiro municipal do PP. Nese período ocupou, ademais, a vicepresidencia da Deputación da Coruña. Tamén foi membro do Consello de Contas.
A principios deste ano 2020 foi absolto dun delito de malversación de fondos pola xestión da Fundación Cela, onde era membro do padroado.