A pandemia marca a feira de tecnoloxía máis importante do mundo


CES Las Vegas, a feira de tecnoloxía máis importante do mundo, volve celebrarse tras a cancelación da pasada edición. A pandemia está presente no evento de varias formas. Primeiro por dispositivos como unha máscara cun filtro capaz de destruír patógenos, como o SARS-COV2, e protexer da polución.

O coronavirus provocou, doutra banda, numerosas cancelacións, tanto de asistentes como de expositores, do que se lamenta Michael Josh Villanueva, analista técnico do sitio web de noticias tecnolóxicas GadgetMatch: «O CES é o maior evento tecnolóxico do ano, e normalmente é onde escoitamos os maiores anuncios dos nomes máis importantes e reúnense todas estas empresas. Coa retirada de tantas empresas importantes, pódese sentir que o CES non vai ser o que esperabamos».

Pero a pesar dos inconvenientes, pódense ver trazas do que será o futuro máis próximo, por exemplo, con coches autónomos. E tamén solucións contra o cambio climático, como un tractor que, ademais de ser eléctrico, evita o uso de químicos cun control das malas herbas.

En canto ás modas e tendencias, un dispositivo de Prinker é capaz de decorar o corpo de calquera cunha imaxe da internet. «Podes elixir o deseño que queiras e aplicalo en poucos segundos. A tatuaxe dura un ou dous días e logo, se queres quitarcho, só tes que ducharche e con auga e xabón irase por completo», explica Tae Sik Yun, portavoz da empresa.»

E a tecnoloxía non esquece ás mascotas. Un colar advirte das condicións do noso can, medindo o ritmo cardíaco e a respiración, podendo así atender calquera mal antes de que empeore.