A pandemia tamén se leva a Lucía Bosé

Cedida.

A actriz Lucía Bosé morreu aos 89 anos de idade a causa do coronavirus. Nacida en Milán o 28 de xaneiro de 1931, Lucía Bosé deuse a coñecer por películas como Muerte de un ciclista, e fíxose moi popular en España logo de seu casamento co toureiro Luis Miguel Dominguín. Era a nai do cantante Miguel Bosé e das actrices Paola e Lucía Dominguín. A actriz viviu os seus últimos anos na súa casa de campo en Brieva, afastada dos medios de comunicación e dedicada á pintura. Ao longo da súa carreira actuou ás ordes de directores como Antonioni, Fellini ou Luis Buñuel.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha